ESCAPE ROOM NA BIBLIOTECA​

Un ano máis o alumnado de Historia da Arte de 2º de bacharelato consegue escapar da biblioteca empregando os seus coñecementos en arte románica. O Escape Room, ambientado na Catedral de Santiago de Compostela, forma parte dunha situación de aprendizaxe sobre arte medieval que leva por título “Atrapad@s na Idade Media”.
O último reto desta situación de aprendizaxe consistirá no deseño, nesta ocasión por parte do propio alumnado, dun Escape Room sobre arte gótica para o alumnado de 2º da ESO. Xa con ganas de participar…