SECUNDARIA

"Con curiosidade e alegría"

Un espazo seguro no que adquirir elementos fundamentais da cultura nos eidos humanístico, artístico, científico e tecnolóxico. Como continuación natural da Educación Primaria, nesta etapa afiánzanse hábitos como o lector, o do traballo en equipo ou o da superación individual. Ademais, iníciase o percorrido cara ás escollas vocacionais e albíscanse as primeiras decisións encamiñadas a facer realidade o proxecto vital. Xa que logo, cobran especial importancia a educación en valores cristiáns e o desenvolvemento das diversas intelixencias, entre as que destacan a interpersoal e a intrapersoal

A etapa

Sendo o interese primordial do ensino obrigatorio o pleno desenvolvemento da personalidade de cada alumna, de cada alumno, así como a súa formación integral (intelectual, física, social, psicolóxica, afectiva, ética e moral), nesta etapa trabállanse, ademais das disciplinas curriculares, unha chea de aspectos que pretenden responder ás necesidades dun ser humano que saia ao mundo convertido nun cidadán tolerante e crítico; nun cristián sensible e comprometido co seu tempo. A educación para a paz, para a igualdade, para a interculturidade, para a ecoloxía, para a saúde e para o consumo, artellados en torno á educación cristiá do século XXI conforman un tecido compacto pero tamén dúctil no que traballamos en dúas direccións complementarias:

  1. Desenvolvendo a capacidade de ver quen somos, como somos, que queremos, que sentimos e por que. 
  2. Desenvolvendo a capacidade humana de darlle un sentido trascendente á vida. 
  3. Desenvolvendo a sensibilidade por manifestacións artísticas diversas, como a literatura, o teatro, a música ou a pintura. En definitiva, pola beleza. 
  1. Mediante o desenvolvemento de tarefas interdisciplinares que se inspiran na realidade próxima.
  2. Mediante a normalización do traballo dixital, non como fin en si mesmo, senón como canle de adquisición, de intercambio e tamén de produción de información.
  3. Mediante a exposición pública e cotiá do traballado: radio escolar, teatro…
  4. Mediante o traballo cooperativo, que nos propón establecer relacións positivas entre iguais, sentando as bases dunha comunidade de aprendizaxe na que se valoran a diversidade, a colaboración e a empatía.

Plan de estudos

Materias Comúns

  • Lingua castelá e literatura: 3 h
  • Lingua galega e literatura: 4 h
  • Obradoiro lingua galega: 1h
  • Lingua estranxeira: Inglés. 3 h
  • Matemáticas: 4 h
  • Obradoiro de Matemáticas: 1h
  • Xeografía e historia: 3h
  • Educación física: 2h
  • Tecnoloxía e dixitalización: 3h
  • Bioloxía e xeoloxía: 3h
  • Educaciòn plástica, visual e audiovisual: 2 h
  • Segunda lingua estranxeira: Francés. 2 h

Ensino da Relixión: (elexir)

  • Relixión: 1h
  • Proxecto competencial: 1h

Acción Tutorial

  • Titoría: 1h

Materias Comúns

  • Lingua castelá e literatura: 3 h
  • Obradoiro lingua castelá: 1h
  • Lingua galega e literatura: 3 h
  • Lingua estranxeira: Inglés. 3 h
  • Matemáticas: 4 h
  • Obradoiro de matemáticas: 1h
  • Xeografía e historia: 3h
  • Educación física: 2h
  • Tecnoloxía e dixitalización: 3h
  • Física e química: 3h
  • Música: 2 h
  • Segunda lingua estranxeira: Francés. 2 h

Ensino da Relixión: (elexir)

  • Relixión: 1h
  • Proxecto Competencial: 1h

Acción Tutorial

  • Titoría: 1h

Materias Comúns

  • Lingua castelá e literatura: 3 h
  • Lingua galega e literatura: 3 h
  • Lingua estranxeira: Inglés. 3 h
  • Matemáticas: 4 h
  • Xeografía e historia: 3h
  • Educación física: 2h
  • Educación plástica, visual e audiovisual: 2h
  • Física e química: 2h
  • Música: 2 h
  • Bioloxía e xeoloxía: 2h
  • Educación en valores cívicos e éticos: 2h

Ensino da Relixión: (elexir)

  • Relixión: 1h
  • Proxecto Competencial: 1h

Acción Tutorial

  • Titoría: 1h

Optativas ( seleccionas 1)

  • Segunda lingua estranxeira: Francés. 3h
  • Cultura financieira: 3h
  • Cultura Clásia: 3h

Materias Comúns

  • Lingua castelá e literatura: 3 h
  • Lingua galega e literatura: 3 h
  • Lingua estranxeira: Inglés. 3 h
  • Xeografía e historia: 3h
  • Educación física: 2h

Ensino da Relixión: (elexir)

  • Relixión: 1h
  • Proxecto Competencial: 1h

Matemáticas ( escoller 1)

  • Matemáticas A: enfocadas a formación profesional: 4 h
  • Matemáticas B: enfocadas a Bacharelato: 4h

Materias de Opción ( escoller 1 itinearario

Itinerario Científico:

  • Dixitalización: 3h
  • Física e química: 2h
  • Bioloxía e xeoloxía: 2h

Itinerario Humanidades e Ciencias Sociais

  • Dixitalización: 3h
  • Economía e Emprendemento: 3h
  • Latin: 3h

Optativas ( escoller 1)

  • Segunda lingua estranxeira: Francés 3h
  • Expresión Artística: 3h
  • Oratoria: 3h

Acción Tutorial

  • Titoría: 1h

Optativas ( seleccionas 1)

  • Segunda lingua estranxeira: Francés. 3h
  • Cultura financieira: 3h
  • Cultura Clásia: 3h

Moitas das tarefas e actividades de aula convértense en programas de radio. Desa forma combínase a difusión das tarefas co traballo da competencia lecto escritora.

O alumnado organízase en grupos cooperativos, tanto para o traballo das materias como para o acompañamento emocional.

En todo os cursos da ESO empregamos un dispositivo Chromebook propiedade do alumno e o entrono de traballo de Google como espazo de consulta, creación de contidos e comunicación.

Organizadas dende o departamento de pastoral, todo os cursos dedican dou ou tres días ao ano as xornadas de convivencias cristiás.

Na etapa apostamos por un plurilingüismo activo no que conviven o castelán, o galego, o inglés e o francés. Ademais da integración desas  linguas en actividades diarias, a oferta de linguas estranxeiras concrétase en:

  • Obradoiro de Música en Inglés en 1º. Música en Inglés en 2º e 3º ESO.
  • Francés como optativa dende 1º ESO a 2º Bach.
  • Horas de lectorado nas clases de Inglés e de Francés.
  • Oferta dunha inmersión lingüística dunha semana en países anglófonos.