Procedemento de admisión de alumnado 2022/2023

Información xeral do proceso

O día 1 de marzo comeza o prazo para a presentación de solicitudes de admisión para o próximo curso nas etapas concertadas. O prazo ordinario remata o día 21 do mesmo mes.  A continuación podes consultar a información detallada e nos adxuntos atoparás a documentación do proceso.

NORMATIVA REGULADORA

 Decreto 13/2022 do 3 de febrero polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

• Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

• Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do12 de marzo de 2013 de desenvolvemento do procedemento.

GARANTÍA DE PERMANENCIA

• Sen prexuízo desta garantía, os pais, nais ou titores do alumnado, poderán presentar unha solicitude de admisión noutro centro educativo, debendo remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro. O alumnado escolarizado nun centro SÓ PERDERÁ O DEREITO DE PERMANENCIA SE RESULTA ADMITIDO NO NOVO CENTRO.

• Só se poderá presentar unha única solicitude no centro de primeira opción, no caso de incumprilo, perderase a prioridade.

• O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do 28 de febrero.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

• A solicitude, mediante o impreso (ED550B), que podes descargar dende o 1 de marzo en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou se o prefires, facilitarase gratuitamente no centro.

• DNI ou libro de familia que acredite a idade do alumno.

• Documento que acredite que o alumno reúne os requisitos académicos para o nivel solicitado. (Certificado de matrícula).

• En caso de separación ou divorcio, a resolución xudicial correspondente.

LUGAR DE PRESENTACIÓN

Preferiblemente online en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, ou ben presencialmente na secretaría do centro.

CAL É A MIÑA ZONA?

Podes consultala en escolas.vigo.org seleccionando a zona de Infantil e Primaria ou no seu caso a zona de ESO, e introducindo o teu enderezo ou lugar de traballo.

PUNTUACIÓN COMPLEMENTARIA DO CENTRO

O criterio complementario establecido polo noso centro cunha puntuación de 1 punto, será ter nai, pai, titora ou titor, acolledora ou acolledor antigo alumno dalgún centro da Congregación Salesiana.

Calendario xeral do proceso

Sorteo público letra a efectos desempate

23 de febreiro. Para os efectos da resolución do
desempate na puntuación final na orde de admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos no curso 2022/2023, conforme ao resultado do
sorteo, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "V" e "U"; así mesmo, afectan ao segundo apelido das letras "A" e "Z".

Publicación Postos Escolares Vacantes

Antes do 1 de marzo. No noso caso son:

Infantil
4º Infantil (3 años)………….. 50
5º Infantil (4 años)………….. 22
6º Infantil (5 años)………….. 19
Primaria
1º EP………………………… 3
2º EP………………………… 6
3º EP………………………… 0
4º EP………………………… 3
5º EP………………………… 2
6º EP………………………… 0
ESO
1º ESO………………………. 9
2º ESO………………………. 0
3º ESO………………………. 0
4º ESO………………………. 0

Presentación solicitude de admisión

Do 1 ao 21 de marzo. Ambos inclusive.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

Aínda que preferiblemente presentarase xunto coa solicitude, do 1 ao 22 de marzo, pode presentarse ata o 6 de abril.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

22 abril. O prazo para formular reclamación ante a titularidade do centro é dentro dos cinco días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

Antes do 13 maio. Contra elas poderá formularse reclamación ante o titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación.

Formalización de matrícula
  • INFANTIL E PRIMARIA: do 20 de xuño ao 30 de xuño
  • ESO: do 25 de xuño ao 11 de xullo
  • Prazo extraordinario ESO: pendente de concretar.

Documentación