INNOVACIÓN E TRADICIÓN EDUCATIVA

"Innovación e tradición educativa"

6 LIÑAS QUE INFUSIONAN A PROPOSTA EDUCATIVA DE iNFANTIL A bACHARELATO

Desde hai anos, o noso colexio atópase inmerso nun proceso de transformación. Non entendemos ese cambio como substitución total do que faciamos ata agora, por algo radicalmente diferente, senón como proceso de actualización. 

Quizais unha metáfora explique mellor este principio: queremos ser un centro  ambidextro, é dicir, un centro no que conviven o mellor da metodoloxía tradicional coa innovación. 

Apostamos por infusionar a proposta educativa dende Infantil a Bacharelato. Desta forma, as 6 liñas de innovación e actualización do centro concrétanse en plans, proxectos e iniciativas dende Infantil a Bacharelato. 

logo arbol colegiologo arbol colegio

Aprendizaxes activas

Enriquecemos o currículo con tarefas integradas e proxectos orientados a un traballo competencial.

Integrando as ferramentas dixitais

Nun entorno de aprendizaxe híbrido que non esquece o lapis e o papel.

En equipo

Organizándonos en equipos cooperativos e colaborativos.

Nun centro Plurilíngüe

En castelán, galego, inglés e francés. Somos plurilingües en Primaria e bilingües na ESO.

Coidando a competencia lecto-escritora

Convencidos de que a lectura e a escrita son fundamentais para o éxito académico.

Que educa co corazón.

Traballando as competencias emocionais do alumnado e acompañando o seu benestar emocional.

Aprendizaxes Activas

Enriquecemos o currículo, dende Infantil a Secundaria, con tarefas integradas e proxectos. O obxectivo non é conseguir que o alumnado acumule coñecemento, senon que empregue os coñecementos e competencias adquiridas para resolver tarefas ou proxectos que servirán para avaliar tanto o coñecemento adquirido como o desempeño e o propio proceso de resolución da tarefa ou de creación. Permítenos crear experiencias adaptadas ao desenvolvemento do alumno, nas que exerza un rol activo e protagonista da aprendizaxe, e coas que poida experimentar un éxito real. Vivir a sensación de aprender e aplicar ese coñecemento para resolver unha tarefa ou concluír un proxecto. 

  • Aprendizaxe manipulativa en Infantil.
  • Deseño de tarefas Integradas por competencias: dende a resolución de situacións cotiás ata a creación de productos culturais.
  • Proxectos de materia, interdisciplinares e de curso: Os proxectos engarzan diferentes tarefas ao longo do trimestre enfocados a consecunción dun obxectivo maior. 
  • Aprendizaxe e Servizo: propostas de voluntariado, moitas delas en colaboración co Centro Xuvenil Abertal.

En equipo

Apostamos pola aprendizaxe cooperativa e a aprendizaxe colaborativa, ambos os dous métodos baseados no traballo en equipo. O alumnado traballa de forma colectiva para resolver tarefas e profundizar na súa propia aprendizaxe. En todas as etapas, e aínda que poden parecer sinónimos, non o son: na aprendizaxe colaborativa, hai unha maior autonomía por parte do alumnado, que mantén o control sobre as diferentes decisións e deseñan a súa estrutura de interacción, organizando o traballo de forma complementaria. A aprendizaxe cooperativa está estruturada polo docente, que deseña e mantén case por completo o control das interaccións e dos resultados que se queren obter.
Empregamos o modelo de Aprendizaxe Cooperativa de David W. Johnson e Roger T. Johnson, de forma que o alumnado se organíza dende Infantil a Secundaria en Equipos Base, no que se traballan habilitades sociais e métodos de aprendizaxe diversas.

Competencia lecto-escritora

Apostamos por potenciar e coidar esta compentecia, sen esquencer outras, pero coa convicción de que a lectura e a escrita resultan fundamentais para o éxito académico. O despregamento tecnolóxico, por exemplo, non pode realizarse á conta de procesos como a comprensión ou os hábitos de lectura, senón todo o contrario, debe poñerse ao servizo, entre outras cousas, deses ámbitos. Por iso a procura, selección e procesado da información é un dos núcleos fundamentais do noso proxecto lector. 

Neste marco, a biblioteca como espazo convértese na infraestrutura que, por flexibilidade e recursos, mellor se adapta ás iniciativas metodolóxicas innovadoras. Así, dende o plan lector vertebramos e impulsamos:

  • A Biblioteca Escolar como espazo dinamizador da lectura: con formación de usuarios, empréstimo de libros, e actividades diversas.
  • Un programa de prerrequisitos lectores en Infantil.
  • Un proxecto de  dinamización da lectura a través dos contos e contacontos.
  • A hora de lectura: diaria en Primaria e semanal en Secundaria.
  • O Caderno de escrita: que acompañará ao alumnado de Primaria a Bacharelato.
  • A Radio Escolar: como espazo de publicación de tarefas e desenvolvemento de proxectos.

Os avances tecnolóxicos revolucionan todos os ámbitos da vida, tamén o escolar. Pero, xunto ao espectro case inabarcable de posibilidades que estes recursos nos descobren, álzanse ameazas que atopan a súa caixa de resonancia máis sonora na escola. Esta dobre natureza do tecnolóxico, o que ten de marabilla e de monstro ameazante, obríganos a aquilatar na súa xusta medida o papel das TIC na aula. Para nós, as TIC son unha ferramenta, fundamental, riquísima, suxestiva, pero ferramenta á fin e ao cabo. As novas tecnoloxías non son a razón de ser última nin, por suposto, o argumento fundamental., senon que se poñen ao servizo dunha nova pedagoxía. 

  • Traballo con iPads en Infantil e Primaria
  • Emprego da contorna de aprendizaze dixital Google Workspace for Education dende 4º de Primaria ata Bacharelato: Docs, Classroom, follas de cálculo, etc. 
  • Inclusión de dispositivos Chromebook 1×1 dende 5º EP a 4º da ESO: como ferramenta de acceso a información, comunicación e creación dixital, no marco dunha metodoloxía híbrida de aprendizaxe, na que por suposto o lapis e o papel non desaparece.
  • Pensamento computacional e programación que se articula nos seguintes conceptos:
    • Robótica en Infantil e Primaria.
    • Programación por bloques (Scratch) en Secundaria.
    • Programación en linguaxes de alto nivel (Python, C++) e aplicación a robótica (Arduino) en Secundaria e Bacharelato.
  • Deseño gráfico en Secundaria e Bacharelato: Tinkercad e software libre.
  • Deseño web (Sites, Blogues, WordPress): Secundaria e Bacharelato.

Articulado en proxectos, tarefas nos diferentes cursos, e na inclusión da Materia de TICs en 4º EP, 4º da ESO, e 1º e 2º Bacharelato. E a materia de Tecnoloxía en 1º e 3º ESO.

Nun centro plurilingüe

O obxectivo como centro plurilingüe é que o noso alumnado acade a máxima competencia nas tres linguas: castelán, galego e inglés e posteriormente o contacto cunha segunda lingua estranxeira, francés, en Secundaria e Bacharelato. A aposta polo inglés (a lingua e a cultura) articúlase nas diferentes etapas en:

Infantil:

  • Dúas sesións semanais en inglés.
  • Contacontos e bos días en inglés

Primaria plurilingüe:

  • Arts an Crafts: materia en Inglés dende 1º a 6º EP.
  • Acompañamento dun «lector» na clase de Arts and Crafts .
  • Bos días en Inglés os venres.
  • Festexamos datas especiais: Halloween, Christmas, Saint Patrick e Easter con distintas actividades nas que coñecen rasgos doutras culturas.
  • Oferta dunha inmersión lingüística dunha semana nalgún país anglófono.

Secundaria bilingue e Bacharelato:

  • Obradoiro de música en Inglés en 1º, 2º e 3º ESO.
  • Francés como optativa dende 1º ESO a 2º Bach,
  • Horas de lectorado nas clases de Inglés e de Francés.
  • Oferta dunha inmersión lingüística dunha semana nalgún país anglófono.

No cerne da pedagoxía  Salesiana atopase o «Método Preventivo»: a proposta que articula a nosa intervención sobre tres piares: Razón, Relixión e Amor. Porque, en palabras de Don Bosco “A base de toda educación é cousa do corazón” .

Así, o noso procesos de innovación educativa pon a Educación Emocional no centro da nosa intervención,  cunha actualización do método preventivo que se traduce: por unha banda en seguir creando un ambiente emocionalmente seguro que favorece o acompañamento persoal ao alumnado. E por outra banda  na inclusión no currículo de forma continua e permanente, de actividades e tarefas que pretenden potenciar o desenvolvemento das competencias emocionais do alumnado, con obxecto de capacitalo para a vida e coa finalidade de aumentar o benestar persoal e social.  Traballamos:

  • A Conciencia emocional: recoñecer as emocións propias e as dos demais.
  • A Regulación emocional: Imprica responstar de forma axeitada as propias emocións.
  • A Competencia social: Conleva ter habilidades sociacis que faciliten as relacións interpersonais
  • Habilidades de vida para o benestar: habilidades,  hábitos, valores e actitudes que contribuen ao benestar personal y social.