MOITO MAIS CUN ESPACIO

OBXECTIVOS

Entre os retos que nos marcamos para os próximos cursos, destacamos os seguintes:

Transformar o espazo da Biblioteca escolar para actualizalo despois da COVID e adaptalo ás novas propostas pedagóxicas (espazos de traballo colaborativo, radio escolar, espazo creativo (maker), linguaxe audiovisual …).

Revisar, recuperar e mellorar o servizo de empréstito da Biblioteca escolar tras a COVID19.

Lanzar a páxina web e convertela nunha ponte de comunicación fundamental coa comunidade educativa: difusión de actividades, promoción de itinerarios lectores ou do fondo de nova adquisición, propostas de lectura…

Pensar novas propostas de lecturas compartidas, experiencias e espazos lectores.

PROXECTOS

Club de Lectura

Os clubs de lectura son experiencias de lectura colectiva: trátase de que un grupo de persoas len unha mesma obra literaria e reúnense para compartir a súa experiencia. 

No colexio temos constituídos tres clubs: un en Primaria e dous en Secundaria.

Un espazo na Biblioteca acolle a Radio Escolar. Un proxecto que acolle programas de radio elaborado dende as diferentes materias.

Lectura e familias

Durante o curso 22/23 incorporámonos a este programa impulsado pola Xunta. Entre as actuacións realizadas queremos destacar: A organización dun club de lectura de adultos no centro; as propostas de formación de pais e nais como mediadores da lectura e a creación e acompañamento do equipo de traballo na biblioteca de familias.