Moito máis ca un espazo
O proxecto da biblioteca
A biblioteca forma parte da rede de bibliotecas escolares galegas e participa desde hai anos no plan de mellora (PLAMBE) que impulsa a Xunta. Máis que un espazo, un motor de dinamización do cole.
Obxectivos
Entre os retos que nos marcamos para os próximos cursos, destacamos:
- Transformar o espazo e adaptalo ás novas propostas pedagóxicas: traballo colaborativo, radio escolar, espazo creativo (maker), linguaxe audiovisual…
- Revisar, recuperar e mellorar o servizo de empréstito.
- Facer da web unha ponte de comunicación coa comunidade educativa: actividades, itinerarios lectores, novas adquisicións, propostas de lectura…
- Pensar novas propostas de lecturas compartidas, experiencias e espazos lectores.

Club de lectura
Os clubs de lectura son experiencias de lectura colectiva: un grupo de persoas le unha mesma obra literaria e reúnese para compartir a súa experiencia.
No colexio temos tres clubs: un en Primaria e dous en Secundaria.

Radio escolar
Un espazo da biblioteca acolle a radio escolar, con programas elaborados dende as diferentes materias.

Lectura e familias
No curso 22/23 incorporámonos a este programa da Xunta. Destacamos a organización dun club de lectura de persoas adultas no centro, a formación de pais e nais como mediadores da lectura e a creación e o acompañamento do equipo de traballo da biblioteca de familias.



