SECRETARÍA
Servizo de Administración e Secretaría
Dende a secretaría atenderemos tódalas demandas relacionadas con:
- Información xeral do centro.
- Solicitude de admisión a Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e reservas de praza.
- Matrícula: solicitude, baixas e renuncias, exencións, traslados…
- Solicitude de Títulos.
- Certificacións Académicas e de matrícula: podes solicitalos por teléfono ou vía mail, e tentaremos emitilos para o día seguinte.
- Bolsas e axudas.
- Plataforma Educamos.
Horario: Polas mañáns de luns a venres de 9:00h a 13:00h e pola tarde os luns de 16:30 a 18:30h.
Contáctanos no 986.433.855 ou no enderezo secretaria@salesianosvigo.es
Xestións e trámites ordinarios
Accede aos procedementos ordinarios máis habituais:
Autorización de medicamentos
Co obxectivo de clarexar e facilitar o procedemento en casos nos que sexa necesario administrar mediación a un alumno en horario lectivo, temos establecido un sinxelo procedemento que ser resume nos seguintes pasos:
1. O pai/nai ou titor do alumno/a ten que facer unha solicitude por escrito dirixida ao Equipo Directivo do Centro.
2. Ten que cubrir unha «autorización expresa» e por escrito da nai, pai, titor ou titora, segundo modelo do Centro, e fotocopia do DNI da persoa responsable.
3. Informe médico no que apareza: A causa da administración do medicamento, a dosificación, hora de administración, duración do tratamento, condicións de conservación do medicamento, procedemento en caso de inxesta accidental ou sobredose, outra información que poida ser útil para a administración e/ou conservación
4. A dirección do centro avaliará a petición e poderá pedir máis informes ou datos dos aquí reflectidos para unha maior coordinación e xestión da mesma.
5. De tratarse de medicacións que se prolongan ao longo de distintos anos académicos, deberase proceder a renovar a solicitude en cada ano académico.
Para calquera aclaración ou comentar situacións concretas non dubides en porte en contacto co centro, preferentemente a través do Titor/a.
Aviso de ausencia
A través da plataforma Educamos podes comunicar e xustificar calquera ausencia dun alumno ao centro. Se por algunha situación non poideras empregar a plataforma, e precisas comunicar e autorizar unha ausencia podelo facer a través do seguinte aviso de ausencia
Servizo médico
Os accidentes producidos no tempo da xornada escolar e nas actividades unidas ao mesmo serán atendidos, presentando o parte colexial de accidente (solicitalo aos Directores Pedagóxicos correspondentes). Compañía Mapfre
Para alumnos/as de Infantil, Primaria e 1º e 2º ESO:
- Mapfre. O centro de referencia é Povisa.
Para alumnos/as de 3º e 4º ESO, e Bacharelato
- Seguro escolar obligatorio. Sanatorio Concheiro.
Problemas con Educamos
No caso de dificultades coa plataforma educamos, podes consultar a axuda ou contactar directamente con secretaría e tentaremos solventar a incidencia canto antes.