XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

O pasado venres 3 de marzo volveu a tradicional xornada de Orientación ao cole. Antigos alumnos e alumnas que agora están estudando ou xa traballando, familias e profesionais de diferentes ámbitos achegáronse ao cole para compartir a súa experiencia.

O formato era de feira, e a idea central é organizar favorecer conversas entre o alumnado dende 3º ESO a 2º de bacharelato e os convidados. Conversas sobre como son os estudos, saídas profesionais,…  Contamos ademais coa colaboración da Comandancia de Marina e de profesoras de FP. 

Houbo moita participación, e moitos reencontros con alumnos que xa levan 3 ou catro anos fora do centro. Alegrounos recuperar a activiedade despois de varios anos de parada pola COVID.