Programa no que escoitamos a testemuñas de movementos migratorios que afectan a Galicia. En cada episodio entrevistamos a unha persoa migrante para achegarnos a súa experiencia persoal. Ademais de afondar no proceso da emigración galega, as súas etapas e os destinos principais, intentamos poñernos no lugar das outras persoas promovendo a diversidade, o respecto e a tolerancia.