Procedemento de admisión de alumnado 2025/2026
- Actualizado a 31 de marzo 2025 -
OFERTA DE PRAZAS VACANTES DO CENTRO CPR PLURILINGÜE MARÍA AUXILIADORA
Conforme as instruccións da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, publícase o anexo coa oferta de vacantes:
Información xeral do proceso
O prazo para a presentación de solicitudes de admisión vai do 1 ao 20 de marzo. A continuación podes consultar a información detallada e nos adxuntos atoparás a documentación do proceso.
NORMATIVA REGULADORA
- Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
GARANTÍA DE PERMANENCIA
• O alumnado escolarizado nun centro SÓ PERDERÁ O DEREITO DE PERMANENCIA SE RESULTA ADMITIDO NO NOVO CENTRO SOLICITADO.
• A solicitude será única e ten caracter vinculantes. No obstante, poderá renunciar a ela dentro do prazo de admisión (1 ao 20 de marzo).
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
• A solicitude, mediante o impreso (ED550B- Anexo II), que podes descargar dende o 1 de marzo en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ ou se o prefires, facilitarase gratuitamente en papel no centro. É necesaria a sinatura e consentimento de ambas persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras.
- DNI do alumno.
- Certificado de matrícula do centro de orixe.
- Libro de familia onde figure o alumno e os demais membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, resolución xudicial correspondente onde figure a custodia do alumno.
- Na solicitude é necesaria a sinatura dambas persoas proxenitoras.
- Documentación xustificativa dos criterios de baremo aplicables.
LUGAR DE PRESENTACIÓN
Preferiblemente online en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, ou ben presencialmente na secretaría do centro.
CAL É A MIÑA ZONA?
Podes consultala na web da Xunta de Galicia de Centros Educativos no apartado Area de Influencia,introducindo o teu enderezo ou lugar de traballo.
PUNTUACIÓN COMPLEMENTARIA DO CENTRO
O criterio complementario establecido polo noso centro cunha puntuación de 1 punto, será ter persoa proxenitora, titora ou acolledora ou acolledor antiga alumna dalgún centro da Congregación Salesiana.
Calendario xeral do proceso
Do 1 ao 20 de marzo. Ambos inclusive. Preferiblemente online en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/, ou ben presencialmente na secretaría do centro.
Aínda que preferiblemente presentarase xunto coa solicitude do 1 ao 20 de marzo, pode presentarse ata o 5 de abril.
25 abril. O prazo para formular reclamación ante a titularidade do centro é dentro dos cinco días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación.
15 de maio. Contra elas poderá formularse reclamación ante o titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación.
- INFANTIL E PRIMARIA: do 20 de xuño ao 30 de xuño
- ESO: do 23 de xuño ao de 7 xullo
Se unha vez finalizado o prazo de matrícula, esta non se formalizase, terase por decaído no seu dereito á praza obtida.