
Admisión en Bacharelato · curso 2027-2028
O Bacharelato ten un proceso de admisión propio, dado que é unha etapa privada. Ofertamos dous itinerarios: Ciencias e Ciencias Sociais.
- 1 de marzo fin do prazo de solicitudes
- 15 e 22 de febreiro visitas á etapa, ás 18:30 h
- 8 de marzo comunicación de praza
- 9–15 de marzo reserva de praza
O proceso: datas e información clave
Abre cada apartado para ver os detalles. Accede á sección de Bacharelato para coñecer as características propias da etapa no noso centro.
Presentación de solicitudes: ata o 1 de marzo
Para participar no proceso de matrícula hai que cubrir o documento de solicitude do centro e achegar o boletín de notas de 3.º da ESO.
Pódese entregar na secretaría ou por correo electrónico a secretaria@salesianosvigo.es.
A presentación non compromete a matricularse: unicamente manifesta o interese en participar no proceso. O prazo remata o 1 de marzo.
Coñécenos: visitas á etapa o 15 e o 22 de febreiro
Organizamos dúas xornadas para visitar e coñecer a etapa, os días 15 e 22 de febreiro, ás 18:30 h. Faremos un percorrido pola etapa e remataremos cun momento conxunto de atención de dúbidas e de presentación dos itinerarios de Bacharelato e da PAU.
Tamén podes solicitar unha entrevista personalizada a través do formulario de solicitude de información.
Criterios de asignación de prazas
Unha vez rematado o proceso de reserva de praza do alumnado de 4.º da ESO do centro, procederase á asignación das prazas vacantes entre os solicitantes. Para a asignación teremos en conta unha combinación de diversos criterios:
- Irmás ou irmáns que cursan ou cursaron estudos no centro (criterio preferente).
- Modalidade de Bacharelato que solicita: priorizarase facer itinerarios compensados.
- Centro de procedencia: ten preferencia o alumnado procedente do Colexio Don Bosco (Salesianas) e do Colexio Plurilingüe «El Pilar» (Maristas). Nun segundo momento, o alumnado de centros concertados de Escolas Católicas.
- Relación coa familia salesiana: pai ou nai antigo alumno, ou familiares con vinculación á familia salesiana.
- Cualificacións de 3.º da ESO.
Comunicación de admitidos e reserva de praza
- 8 de marzo: o centro comunica a dispoñibilidade da praza ou, de ser o caso, o posto na lista de espera.
- Do 9 ao 15 de marzo: formalízase a reserva, cun custo de 250 euros para 1.º de Bacharelato.
No caso de non confirmar a reserva, perderase a praza e correrá a lista de agarda.
Formalización da matrícula: finais de xuño
A finais de xuño poderás formalizar a matrícula entregando a documentación completa. As datas concretas comunicarémolas con antelación.
Non hai custos suplementarios aos 250 € xa dispostos. Só terás que pagar, se así o consideras, a cota da ANPA e o Fondo de Axuda Social.
No caso de non formalizar a matrícula
Perderíase a praza. O importe da reserva non será devolto agás se as causas son:
- non titular en 4.º da ESO;
- traslado de domicilio fóra de Vigo;
- cursar 1.º de Bacharelato fóra de España.
A solicitude de devolución farase no centro e acreditarase documentalmente a causa.
Información xeral
Tes dúbidas?
Escríbenos ou pide unha entrevista personalizada e axudarémoste en todo o que precises.

