Convivencias cristiás de 1º da ESO na illa de San Simón

O 26 de setembro tiveron lugar as convivencias cristiás de 1º ESO na illa de San Simón, entorno incomparable e acolledor, que nos serviu como telón de fondo para profundar nos valores cristiás desde o autocoñecemento. 

 

Traballamos con distintas dinámicas e xogos que nos serviron para vivir experiencias únicas, co fin de coñecerse, aceptarse, valorarse de maneira positiva e valorar a importancia das motivacións individuais.

Houbo tamén tempo para unha visita guiada pola illa para coñecer a súa historia ao longo do tempo.