Brincadeiras da linguna en 3º e 4º de Primaria
A Concellería de Normalización Lingüística, a través do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, ofertou unha actividade dinamizadora do galego. Puxémonos en contacto con eles para solicitala e tivemos a sorte de ser un dos colexios escollidos.
Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques… presentáronnos e convidáronnos a practicar dun xeito divertido unha escolma de ditos tradicionais repartidos por temáticas. Ditos que nos achegaron ao medio natural, a fomentar a igualdade, aos xogos tradicionais e a procurar maiores aptitudes na competencia oral do galego dunha manera lúdica ao tempo que se coñece o noso patrimonio.
A actuación correu a cargo de Migallas Teatro e tivo lugar na Aula Magna do colexio.
Deixámosvos aquí unhas fotos para que vexades que ben o pasamos!