Escape room en 2º de Bacharelato
Nunha clase especial dedicada a repasar os contidos de arte románica o alumnado de Historia da Arte de 2ºBACH conseguiu escapar da biblioteca en menos de 40 minutos aplicando os seus coñecementos na materia, resolvendo unha serie de enigmas relacionados coa Catedral de peregrinación de Santiago de Compostela.