Os alumnos e alumnas de 2ª da ESO na materia de tecnoloxía realizaron o proxecto de construir unha cúpula xeodésica con cartón. Unha cúpula xeodésica é unha semiesfera formada, na sua totalidade, por triángulos que ao mesmo tempo estes van formando pentágonos ou hexágonos. Neste proxecto, o alumnado puido experimentar como o triángulo é o único polígono indeformable e a súa utilidade nas estruturas, ademáis de iso, tamén coñeceron as vantaxes que proporcionan este tipo de construcións, xa que son estruturas autoportantes, lixeiras, fáciles de transportar, económicas… Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado na aula ✂️🏗️