CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

Do 17 ao 20 de abril, os nenos e nenas de Infantil e Primaria puideron desfrutar de xogos e libros na biblioteca a pé de patio durante o recreo.

E este martes día 25 de abril para celebrar o remate da semana do libro, todo o cole participou nunha actividade moi chula! Os rapaces maiores de Infantil ata 4° da ESO foron padriños e madriñas dos seus compis máis pequenos. Como recordo deste día, compartimos unhas pegatinas. Foi unha actividades moi enriquecedora que sen dúbida repetiremos!! 🙌🏻🙌🏻