2º de Primaria foi de visita a Apípolis
O alumnado de 2º Educación Primaria visitou a Granxa-Escola Apípolis, que é un Centro para a comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, que se encadra dentro dos Equipamentos para a Educación Ambiental.
Foi unha xornada moi completa: aprenderon determinados procesos naturais, visitaron unha exposición, fixeron diferentes obradoiros, ampliaron os seus coñecementos sobre o mundo das abellas no apiario, con vídeos, maquetas e diferentes recursos e coñeceron diferentes productos elaborados grazas ás abellas e por suposto non faltaron momentos de animación e de xogos.
Toda unha xornada chea de momentos de convivencia, aprendizaxe, xogo e tamén de sensibilización co medio ambiente e a importancia que teñen as abellas para nós e para o medio no que nos desenvolvemos.