Este ano o alumnado de 3º da ESO vense de lucir especialmente co proxecto de EPVA sobre a técnica do “stopmotion”.
Os rapaces e rapazas deste curso 22-23 superaron con creces os mínimos establecidos na rúbrica, aumentando o número de secuencias, duración, edición de audio e créditos. Ademais, en moitos casos, o traballo de filmación foi exquisito, coidando moitísimo a estabilidade da cámara e a iluminación das escenas.
Grazas a todos e todas por implicarse tanto na tarefa. Pasamos un mes moi intenso de traballo, pero tamén moi divertido.