Lembrando o bicentenario do soño dos 9 anos de Don Bosco, o lema deste curso é: “un soño para ti”.
Hai soños que marcan unha vida. O de Juanito Bosco foi, é e será un proxecto de vida. Nel están presentes tódolos ingredientes para levar a cabo un estilo de vida válido para tódalas épocas.
Do mesmo xeito, temos todo un curso para soñar. O teu soño collerá forma no nas actitudes, no quefacer do día a día, nas metas que te propoñas… Todo soño é un reflexo e unha proposta para a propia vida
E non estamos sós nese soño, que é o noso proxecto… A familia, o colexio, a comunidade forma parte do noso soño. Así, este curso é unha invitación a:
Soñar alto: primeiro anuncio (o bo pastor e o seu mansedumbre), a vocación-misión (ano vocacional, Juan ten unha chamada nese soño), familia (mamá Margarita, discernimiento), a escena violenta do soño (pesadelos, feridas, falta de claridade, saúde mental, violencia no mundo, rosas e espiñas), presenza de María na nosa vida e na nosa familia (“Eu dareiche a Mestra”)
Soñar xuntos: sinodalidad, discernimiento ao redor do que Deos nos pide neste momento da historia a cada un e a todos, como comunidade: desenvolvemento da CEP e o PEPS.
Soñar espertos: dos soños aos proxectos para vivir a nosa mellor versión, como Xesús de Nazaret. Deus quérenos como somos, pero sóñanos mellores e por iso convídanos a concretar, optando polo compromiso e a construción do Reino, como fixo Don Bosco
Todo un curso para soñar, e para facer realidade eses soños.