Subvención á dixitalización a cargo dos fondos NextGenerationEU
No marco do plan dixital do centro, temos previsto mellorar a dixitalización das aulas coa incorporación de pantallas dixitais. Con este fin, o colexio recibiu unha subvención de 41117,85 € que permitiu a compra de 15 pantallas que se instalaron nas aulas dende 3º EP ata 4º da ESO. Neste momento soamente faltaría unha na aula de 4º ESO A
A axuda, financiada pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU dentro da estratexia do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, permitirá aproveitar os recursos tecnolóxicos para a mellora e avance cara unha educación de calidade que se reflicta nos procesos de ensinanza e aprendizaxe a través da disposición tecnolóxica, posibilitando un desenvolvemento competencial no alumnado que abrangue todas as competencias do currículo e, neste caso, especialmente na competencia dixital necesaria para unha integración adecuada na sociedade e no mercado laboral do século XXI.
Compartimos fotos a modo de exemplo das pantallas nas aulas.