Dez lecturas en castelán para a carta aos Reis Magos

19 de decembro de 2023

Ningunha carta aos Reis pode estar completa sen boas lecturas. Desde a biblioteca do cole propoñémos algúns libros que ás súas Maxestades encantaralles regalarche:

PRELECTORES

Empezamos con HORA DE SOÑAR de Concha Pasamar, un libro que axuda aos máis pequenos a penetrarse sós nese mundo máxico e ás veces perturbador dos soños.

En UN CABALLO NARANJA de Hsu Kung Liu acompañaremos ao seu protagonista na procura do seu irmán desaparecido, nunha fábula marabillosa sobre a amizade e o apoio mutuo.

PRIMEIROS LECTORES (6-8 ANOS)

DIARIO DESAYUNO de Alicia Bululú cóntanos quince almorzos de Violeta, a súa protagonista, nunha linguaxe tan poética e engaiolante como as súas ilustracións.

LA MERENDOLA de Laura Vila é un álbum a favor da comida sa que nos divirte cos seus versos e as súas simpáticas imaxes.

LECTORES AUTÓNOMOS (9-11 ANOS)

Todos somos un e habitamos o mesmo planeta; desta idea parte ORIGEN de Nat Cardozo, no que cada dobre páxina ofrece unha mirada actual e estimulante de máis dunha vintena de pobos orixinarios.

Se che gustan os contos de fadas EL SECRETO DEL LOBO de Miryam Dahman é o teu libro, un fermoso e lírico relato sobre a diferenza, a confianza e o poder da amizade para superar calquera obstáculo.

PRIMEIROS EXPERTOS (12-14 ANOS)

Atrevémonos a recomendar un libro que vos sorprenderá nesta lista: PEQUEÑO DICCIONARIO DE POLÍTICA de Daniele Aristarco, un manual para que os máis novos aprendan a desentrañar unha profesión tan importante como deostada.

A novela OCTUBRE, OCTUBRE de Katya Balen relátanos unha historia atemporal de natureza salvaxe e segredos familiares cunha heroína moderna armada de valor.

XUVENIL ( de 15 en diante)

MARY JOHN de Ana Pessoa, novela multipremiada, achéganos ao universo dunha nena ás portas da adolescencia e ao seu primeiro amor.

Terminamos co primeiro volume dunha saga que acaba de iniciarse e que fará as delicias dos amantes da novela fantástica: ALAS DE SANGRE de Rebeca Yarros.