NOVAS ADQUISIÓNS DA BIBILIOTECA: LAS PALABRAS LO PUEDEN TODO.

MATERIA: Narrativa de aventuras.

IDADE RECOMENDADA:de nove anos en diante

CONTIDO (da páxina da editorial):

rene Vallejo recupera esta historia das Metamorfoses de Ovidio, para ofrecernos unha luminosa versión, chea de poesía, ilustrada por Lina Vila.

Unha historia para lectores valentes de calquera idade que se atrevan a embarcarse cara ao descoñecido. Para quen gardou segredos e estrañou a alguén á beira do mar. Para aqueles que visitaron o país dos soños e permaneceron aí mesmo tras espertar. Para pais e nais que se alegran co regreso das aves migratorias. Para avoas que esquecen o que fixeron onte, pero lembran os contos da súa infancia. Para apaixonados dos mitos clásicos e para amantes da arte que queiran mergullarse nas acuarelas dunha ilustradora máxica. Para todos os que viron cos seus propios ollos a plumaxe azul e alaranxada dun picapeixe.

CINCO MOTIVOS PARA RECOMENDARCHO:

  • Trátase dunha obra estupenda para penetrarse no marabilloso mundo da mitoloxía.

  • Irene Vallejo, autora do inesquecible ensaio O universo nun xunco, é dona dunha prosa exquisita e vibrante.

  • As ilustracións de Lina Vila vibran coa mesma poesía e intensidade que as palabras da autora.

  • Como todo bo libro, é recomendable para todas as idades.

  • A fábula de Ceix e Alcíone en que se inspira constitúe unha das historias de amor máis fermosas e descoñecidas da cultura clásica.