Curso
24-25

«Somos futuro»

Toda a información

nun clic

Nesta páxina atoparás a información relevante do curso (que tamén está recollida na Programación Xeral Anual do centro) así como os accesos directos á información útil e aos documentos actualizados do curso. 

Axenda

Subscríbete á axenda do cole para estar ao día de todas as súas actividades e datas importantes.

Na PXA de Familias atoparás un resume das datas máis significativas.

Normas e organización do centro

Descarga os diferentes documentos que rexen o funcionamento ordinario do centro.

Documento que recolle as normas de organización e funcionamento do Centro. Aprobado en xaneiro de 2016,  ao abeiro da publicación da LOMCE, é o documento no que enmarcamos todas as formas de actuar no día a día. Actualízase periodicamente para recoller os posibles cambios normativos.  A versión actual corresponde a 2024.

Descarga o documento

Documento que recolle as actuacións dirixidas á  formación no respecto dos dereitos e liberdades fudamentais, o exercicio da tolerancia e a liberdade dentro dos principios democráticos de conviencia e de pluralidade lingüística, cultural e relixiosa do centro.

Descarga o documento

Documento que recolle o resumo das normas de Primaria

Documento que recolle o resumo das normas de Secundaria.

Documento que recolle o resumo das normas de Bacharelato.

Descarga o documento

Listas actualizadas de material escolar e

Libros

Programacións Didácticas

Navega nas carpetas das diferentes etapas para consultar as programacións didácticas e os criterios de cualificación das diferentes materias. As dos cursos impares publícanse a finais de outubro e as dos cursos pares en decembro.

Horarios

de outubro a maio

Nos meses de setembro e xuño, o centro ten xornada continua en horario de mañá, similar á dos venres nas diferentes etapas.

Infantil

De luns a xoves

  • 5 anos: de 9:00 a 12:20 e de 14:45 a 16:20
  • 4 anos: de 9:00 a 12:25 e de 14:45 a 16:25
  • 3 anos: de 9:00 a 12:30 e de 14:45 a 16:30

venres

  • 5 anos: de 9:00 a 13:50
  • 4 anos: de 9:00 a 13:55
  • 3 anos: de 9:00 a 14:00

Primaria

De luns a xoves

  • de 9:00 a 12:30 e de 14:45 a 16:30

venres

  •  de 9:00 a 14:00

Secundaria

  • De luns a Venres de 8:45 a 14:25
  • Luns pola tarde de 16:00 a 17:40

Bacharelato

  • Luns, Martes, Xoves e Venres de 8:45 a 14:25
  • Mércores de 8:45 a 15:15
  • Luns pola tarde de 16:00 a 17:40

Servizo de comedor

Accede a información de interese

Contamos con dous espazos e dúas quendas diarias: 

  • Primeira quenda: 12:30 a 13:30h alumnado de E.I. e E.P. que NON ASISTE a actividades extraescolares nese horario.
  • Segunda quenda de 13:40 a 14:35h para alumnado que ASISTE a actividades extraescolares.

O venres e os meses de horario continuo (setembro e xuño) é unha única quenda de 14:00 a 14:45h. É imprescindible concretar os días de uso que se manterán fixos durante o servizo de comedor (non se pode cambiar de día).  No curso 23-24, os prezos de  outubro a maio: (consulta o desconto por irmáns)

  • Fixo 1 día á semana: 32 €
  • Fixo 2 días á semana: 60 €
  • Fixo 3 días á semana: 85 €
  • Fixo 4 días á semana: 105 €
  • Fixo de Luns a Venres: 125 €