SALESIANOS DIXITAL
CURSO 26-27
O modelo proposto para este ano é un Chromebook da marca Acer, o modelo C937 de 14″.
Ferramenta de control parental moi completa para os dispositivos, cun custo anual de 15€.
Condicións de compra e instruccións para o curso 26-27
Ofrecen a posilibidade de contratar unha ampliación de garantía estendida durante 3, 4 ou 5 anos, que cubre prácticamente calquer accidente co equipo. As roturas de pantalla teñen unha franquicia de 30€. Nos recomendamos a contratación desta garantía, pero é unha decisión que debedes tomar vos.
O proceso de compra é sinxelo. Tendes que acceder á web anterior e rexistrarvos cos vosos datos. Despois debedes rexistar a cada fillo ou filla que teñades (só os que precisen comprar o equipo) e poñer o código do colexio MASV2614
Despois elexides o Chromebook e a estensión da garantía si así o considerades.
Se tedes calquera dúbida, podedes contactar con nos a través de WhatsApp facendo clic aquí, enviándonos un correo a info@aulasalesianosvigo.es ou na páxina de axuda de Xenon.
Tarifas IVE incluído, curso 2026-2027
- Acer C937 de 14 pulgadas: 413,01€
- Extensión de 3 anos: 54,45€
- Extensión de 4 anos: 66,55€
- Extensión de 5 anos: 95,59€
Estos prezos xa incluyen a licenza de Google por un importe de 42€, necesaria para poder utilizar os equipos nas clases, xa que con ela, aplicamos diferentes políticas de uso no día a día de uso dos dispositivos.
Pódese facer o pago a través de tarxeta, Bizum ou financiar a compra a través de Cetelem ou CaixaBank. Tedes toda a información aquí.
Especificacións técnicas
É un equipo moi resistente e está pensado para o ámbito da educación, deseñado para ser usado por nenos e nenas.
Recursos dixitais
Aplicacións, libros, plataformas dixitais, recursos de creación propia…
Entorno Google Suite
Todo o alumnado ten un usuario no dominio @aulasalesianosvigo.es co que ten acceso ás aplicacións de Google. Esta conta acompáñalle durante toda a súa escolarización no centro.
Aplicacións para co-crear: documentos, presentacións, sites… e Google Classroom como ferramenta de comunicación e centro de aprendizaxe das materias.
Libros e recursos dixitais
Dende o centro encargámonos da compra, xestión e instalación das licencias dixitais dos diferentes cursos e libros.
Servizo de xestión
Xestión integral dos dispostivos, desde as incidencias técnicas á conectividade na casa.
Desde o centro asumimos a xestion de tódalas intervencións relacionadas cos dispositivos. Este servizo ten un custo total de 200€, que se aboarán en cotas mensuais de 20€ dende setembro de 2026 ata xuño de 2027. O servizo inclúe:
Preguntas frecuentes
Si, agás en casos excepcionais que deberiamos valorar previamente. Entendemos que estes dispositivos, polas súas características, son a opción escollida polo centro e non adoitan atoparse a un prezo máis vantaxoso noutros establecementos. Ademais, cómpre ter en conta que, se se merca fóra, será necesario adquirir tamén a licenza de Google, cun custo adicional de 34€ + IVE, xa incluído no prezo que ofrece o noso distribuidor.
Tamén é importante saber que, se o mercades pola vosa conta, en caso de incidente co dispositivo, deberedes facervos cargo da xestión da súa reparación. Pola contra, no caso dos equipos adquiridos a través de Xenon, o colexio encárgase de todo o proceso de envío e recepción.
Si, por suposto. Aínda que os tempos de recepción (setembro) e o prezo non os podemos garantir.
Non, pero recomendamos facela, se ben entendemos que é unha valoración de risco que corresponde a cada familia.
Si. As aplicacións de Google Suite e os recursos dixitais que empregamos non requiren de moita capacidade de proceso.
É unha ferramenta para acceder a contidos on-line, a libros dixitais almacenados no dispositivo, acceso a ferramentas de traballo colaborativo e aplicacións educativas.
A dinámica de aula non xira todo o tempo ao redor do dispositivo, do mesmo xeito que neste momento non xira en torno ao libro. Inclúe diferentes formas de traballo en función dos cursos e das materias. Nese marco o dispositivo ten un papel como ferramenta.
Si, non afectará, sobre todo porque o papel e a escritura van seguir tendo un rol importante ao longo de todo o período de escolarización. O que non é viable é ao revés, mellorar a competencia dixital sen acceso ao dispositivo.
Si, pero non con toda a súa potencialidade, xa que se perde o acceso a contidos e aplicacións on-line. Por outra parte, os libros dixitais de EDEBÉ poderán descargarse en local, así como todas as aplicacións de creación da conta de Google (editor de texto, editor de presentacións, base de datos…) e todos os documentos que se vaian crear, que serán descargados e, posteriormente, sincronizados.
Se tedes calquera dúbida, podedes contactar con nos a través de WhatsApp facendo clic aquí ou enviándonos un correo a info@aulasalesianosvigo.es
Tamén si o preferides podedes chamar ao colexio, no 986.433.855 ou contactar directamente con Xenon, preferentemente no seu formulario de contacto nesta páxina web.
Para cuestións de índole pedagóxicas preguntade por Humpty e para preguntas técnicas, por Iván.

