Inauguración da Biblioteca

Luns, 28 de outubro! Chegou un dos días máis esperados no noso cole! A inauguración da biblioteca! Os libros “descansaron” un pouco este verán pero xa están preparados para facernos vivir unha morea de aventuras.

O libro-curta “Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore” dará arranque a múltiples actividades que faremos ao longo do curso 24- 25. Chorar, rir, viaxar, gozar…serán algún dos verbos presentes nas nosas vidas grazas á marabillosa práctica da lectura.

Esperámosvos con moitas ganas! Non faltedes! 😊📖