CONVIVENCIAS DE PRIMEIRO DE BACHARELATO

Os días 7 e 8 de novembro, o grupo de primeiro de bacharelato participou nas convivencias cristiás co lema «Encontros probables, encontros improbables»

Baixo ese lema, durante os dous día tivemos momentos para compartir entre nos, encontros probables, e momentos para comparti con persoas en situación de vulnerabilidade da cidade: encontros improbables

A xornada comezou cun coloquio con dúas educadores sociais, unha do Programa Caixaproinfancia, que traballa con infancia en situación de pobreza e outra de Provivenda, entidade que acompaña a persoas con diferentes problemáticas en relación a vivenda.

Ao longo da tarde do xoves, por grupos desplazandose a diferentes entidades da cidade para compartir e coñecer cos  seus usuarios  e usuarios. Entre as entidades ás que nos achegamos están AFAGA, ALENTO, DISCAMINO, EMAUS; o Comedor da Esperanza, o Centro de Inclusión e Emerxencia Social, o Fogar San Jose e o Centro de Inmigrantes Teranga. Desta forma, atopámonos con persoas que se atopan en situación vulnerada: migrantes, persoas en situación de rúa, afectados por Alzheimer, discapacidade intelectual, etc… en encontros improbables, que nos axudan a coñecer.

A convivencias remataron o venres, nas instalacións da Parroquia do Cristo da Victoria de Coia. Alí cada grupo compartiu o seu encontro co resto de grupos, e xuntos reflexionamos e celebramos. Unha bonita experiencia.