Recomendacións de libros para engadir a lista dos Reis Magos

EL RENO DE NAVIDAD ( a partires de 4 anos)

Lucía ten un soño que se vai facer realidade . Atopará a un reno máxico que a levará voando e terá unha aventura do Nadal moi especial.

EL ÁRBOL DE NAVIDAD DEL SEÑOR VILADOMAT ( 4 a 7 anos)

O señor Viladomat mercou unha árbore de Nadal demasiado grande e ese era un gran problema. Non lle cabía no salón e pediu ao seu mordomo que lle cortase a punta.
Que sucedeu despois? Descúbreo lendo este conto clásico do Nadal.

El Monstruo de Colores. Doctor de emociones
Anna Llenas

É un libro que fala dun doutor chamado Monstro de cores. Ten unha habilidade especial que consiste en saber curar emocións demasiado grandes.
Primeiro, recoñéceas e ponlles nome; a continuación utiliza unha caixa especial de primeiros auxilios para axudar a regulalas e así, sentirnos mellor.

Melodía en la ciudad.
Benjamín Lacombe

Unha historia de amor ilustrada maxistralmente. Este libro conta a historia de Alejandro. Vive nunha cidade triste e gris e o seu destino é traballar na fábrica como o seu pai e a maioría de habitantes. Pero un día chega á cidade un circo ambulante e con el a esperanza dun futuro mellor. O protagonista namórase dunha nena xitana e con todo o que rodea o seu mundo. Pese ao rexeitamento dos pais, conseguirá romper prexuizos, que se sintan orgullosos del e acadar os seus sonos.

“Iluminaturaleza”.
Rachel Williams y Chamowsky

Dez dos ecosistemas máis impresionantes do mundo vistos a través de tres filtros de cores para descrubrir a súa vexetación (filtro verde), os animais que se moven de día (filtro vermello) ou os seres vivos que habitan de noite (filtro azul).

“Un beso de mandarina”.
Eulalia Canals.

Este libro conta a historia de Vanina, que chega nova á escola dende un lugar lonxano e envolta en moitos misterios. O protagonista namórase dela, pero non sabe moi ben como acercarse a ela, ademais, cada vez que o tenta, Ricky interponse no seu camiño. Ao final descubrirá moitas cousas de sí mesmo, da amizade, da solidariedade, da empatía…

El asesinato del profesor de matemáticas.
Jordi Sierra i Fabra.

Este libro conta a historia de tres amigos preocupados polo final de curso, xa que van suspender matemáticas e así pasarán un verán terrible. O seu mestre é moi moderno, con métodos pouco convencionais. Así, decide darlle outra oportunidade para aprobar: deberán resolver o seu suposto asasinato seguindo unha serie de pistas e resolvendo enigmas. Todo tórcese cando o mestre é ¡asasinado de verdade! Conseguirán superar o seu bloqueo coas matemáticas e resolver o asasinato?

El pequeño vampiro.
Angela Sommer-Bodenburg

Mestura de realidade e fantasía con toques de misterio e medo. Esta é só a primeira de moitas aventuras que vivirán o protagonista Antón e o seu amigo Rüdiger, un neno vampiro de verdade.