O pasado mércores 23 de outubro o alumnado que participa nos recreos activos de Radio Escolar desprazouse ata Pontevedra para coñecer as instalacións da Cadea Ser e participar na emisión dun programa en directo (Hoy por Hoy Pontevedra). Nesta actividade de formación tiveron a sorte de contar con grandes profesionais á hora de aprender a poñerse diante dun micro. Grazas a todo o Equipo da Ser Pontevedra por facer posible esta fantástica experiencia.