Xornada de
Portas Abertas

27 de febreiro

""
""

Destinado ao alumnado e familias do cole así como familias que queiran coñecernos. Consulta o programa e apúntante nas actividades que máis che interesen.

""

Encontro para familias que queiran coñecernos

16:30h Entrada pola Rúa Venezuela

Breve reunión na que informaremos da proposta educativa do centro, carácter propio e características principais da nosa oferta educativa. Posteriormente percorreremos o centro. 

Dispoñemos de servizo de Canguro para ese tempo, pero para alumnado de Infantil precisamos que estea acompañado.

Xornada aberta a alumnado e familias do cole

16:30 a 18:30 h Obradoiros

Abrimos as portas do cole para compartir convosco unha xornada moi especial na que simularemos un día lectivo. Acceso dende a 16:20.

Comezaremos cun momento conxunto de «Bos días» e logo queremos que vivades de primeira man como é o noso día a día no centro: a metodoloxía, o ambiente nas aulas e algunhas das propostas máis significativas que forman parte do noso proxecto educativo.

 

Andar Baixo

  • Feira de Tecnoloxía e Física

OBRADOIROS ROTATIVOS DO PROXECTO GAUDÍ

Rea

  • Mural modernista do noso cole
  • Cadro collage
  • Taller de chapas
  • Maquillaxe
  • Baile

2º andar

  • Recreos activos
  • Estacións de aprendizaxe
  • Robótica + Realidade aumentada
  • Plickers en directo
  • Taller na Radio escolar

4º andar: Ciencia no cole

  • Feira de Física
  • Proxectos no laboratorio
  • Café filosófico