Xornada de Portas Abertas 2025

Que xornada tan especial vivimos o pasado 22 de febreiro na nosa Xornada de Portas Abertas! 😊

Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as familias do noso colexio e a aquelas que viñestes a coñecernos por primeira vez. Grazas á vosa participación, compartimos momentos inesquecibles que reflicten o espírito da nosa comunidade educativa.

Dende os obradoiros de instrumentos musicais e robótica ata as emocionantes sesións de teatro e experimentos científicos, cada actividade foi unha oportunidade para aprender e desfrutar xuntos. A colaboración dos nosos voluntarios, tanto alumnado como familias, foi fundamental para o éxito desta xornada.

A vosa dedicación e entusiasmo son o motor que impulsa o noso crecemento e nos anima a seguir soñando en grande.

A continuación, compartimos un vídeo resumo que recolle os momentos máis destacados deste día tan especial. Agardamos que o desfrutedes tanto coma nós ao vivilo! 🥰

➡️ Aquí tedes o programa gravado na radio: https://go.ivoox.com/rf/140545513