Semana do libro
Chegou a Semana do Libro! Non hai nada mellor que aproximarnos ao xénero teatral coa mellor obra da literatura española: Don Quijote de la Mancha. Nas aulas do cole o libro cobrou vida. Empregamos algunhas escenas dunha versión do Quijote, levada a cabo por un grupo andaluz que utiliza os procedementos da Comedia do Arte. Grazas a iso fundimos a homenaxe a esta obra que perdura no tempo e o coñecemento dunha das formas artísticas máis apaixoantes que existe.
A cousa non quedou aí! Tivemos tempo tamén para poñerlle ao alumnado nos Bos Días tres programas de radioteatro que estivo a gravar o alumnado dos Recreos Activos da Radio Escolar con alumnado de 4ºESO. A protagonista era unha nena moi coñecida por todos chamada Riciños.
E seguimos…O luns, 28 de abril, ás catro e media haberá na biblioteca unha actividade titulada: «Libros amigos». Será para o alumnado de Infantil e Primaria (o alumnado de Infantil, primeiro e segundo de Primaria, deberán vir acompañados por un adulto).
Que marabilla de tesouros (libros), biblioteca e actividades temos no noso cole!!!!

