Proxecto en Infantil: “O coidado da casa común”

Durante o segundo trimestre, na etapa de Infantil, levamos a cabo un proxecto titulado “O coidado da Casa Común”.

Foi unha iniciativa moi participativa, coa implicación de toda a Comunidade Educativa.

Todo comezou ao regresar das festas do Entroido, cando unha mañá fría atopamos o patio cheo de lixo. Non podíamos quedar de brazos cruzados ante semellante dano, así que, entre todos e todas, traballando en equipo, recollemos e clasificamos todo o que estaba tirado polo chan. E… ¡SORPRESA! Nunha das columnas do patio, entre tanta sucidade, apareceu un pequeno brote verde acompañado dunha carta moi especial.

Escribíanos VERDEMAN, o noso heroe no coidado da Casa Común. Na súa mensaxe, deunos consellos para sermos bos coidadores e coidadoras do planeta… ¡e prometía visitarnos!

Ademais da agardada visita de Verdemán, recibimos a dous pais do cole:

Óscar Rivas Cid, experto en clasificación de residuos —sabíades que xa imos polas 7 “R”?—

Juan José Dios Dacosta, membro da ONG CEMMA, que nos falou da importancia de coidar das nosas costas.

Coñecemos a moitas persoas que coidaron e seguen a coidar da nosa Casa Común, e que agora son un verdadeiro referente para todos e todas nós.

Outro aspecto fundamental deste proxecto foi visibilizar a importancia do coidado do planeta. Por iso, organizamos unha manifestación polo colexio na que berramos lemas como:
“Se sabes o que pasa, coida a túa casa”,
“Pensa en verde, actúa en verde”,
“Deixa a túa pegada, salva a Terra”.
¡Incluso algún maior se uniu á nosa causa!

Mágoa que o tempo non nos permitiu realizar as dúas saídas que tiñamos previstas…

Mais como agora temos o nomeamento oficial de Coidadores e Coidadoras do Planeta, seguiremos atentos e atentas ás súas necesidades. 🌍💚