Bautismo de mar en 5º de Primaria: Unha xornada inesquecible na ría de Vigo ⚓

Programado desde a área de Educación Física, o alumnado de 5º de Primaria viviu esta semana unha experiencia única co seu “Bautismo de mar”, unha actividade organizada para achegar aos nenos e nenas ao mundo da navegación e ao entorno natural da nosa ría.

A xornada desenvolveuse en colaboración co Real Club Náutico de Vigo e combinou aprendizaxe, aventura e moita emoción. Durante a mañá, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de aprender as partes fundamentais dun barco (raquero), practicar como levar o timón, virar segundo o vento e descubrir algúns dos nós mariñeiros máis utilizados polos navegantes…

A actividade tamén lles axudou a descubrir, desde outro punto de vista, a ría de Vigo, onde puideron coñecer un chisco mellor a súa riqueza natural e paisaxística.

E, como sorpresa final, puideron desfrutar dun emocionante paseo en lancha neumática, que fixo as delicias de todo o grupo e puxo o broche de ouro a unha saída que difícilmente esquecerán.

Foi, sen dúbida, un día diferente, cheo de aprendizaxes, descubrimentos… e en contacto co medio natural.