Ven vivir “Un día no noso cole”! Xornada de Portas Abertas 2026
⬇️ Inscríbete ⬇️
Necesario para familias novas ou para as familias de Infantil que xa sodes do centro. Podes facelo por WhatsApp ou nos seguintes formularios:
O vindeiro venres 27 de febreiro abrimos as nosas portas para compartir unha tarde moi especial. Este ano, non queremos simplemente ensinarvos o colexio; queremos que o vivades.
Baixo o lema “Un día no noso cole”, preparamos unha Xornada de Portas Abertas inmersiva onde simularemos un día real de clase. Convidámosvos a poñervos no lugar dos nosos alumnos e alumnas para experimentar de primeira man a nosa metodoloxía, o ambiente nas aulas e as propostas máis innovadoras do noso proxecto educativo.
Que vos agarda nesta xornada?
A experiencia comezará ás 16:30 h da mesma maneira que empezan as mañás os nosos estudantes: coa nosa tradicional dinámica de “Boas tardes”. A partir de aí, o colexio transformarase nun espazo dinámico, participativo e cheo de opcións para todas as idades:
Para os máis cativos: Protagonistas da nosa historia con arte e cor A etapa de Educación Infantil mergullarase nun universo inspirado en Gaudí, cun divertido estilo «modernista». As familias e os peques poderán rotar por diferentes espazos creativos:
-
Mural colaborativo: Crearemos xuntos un gran mural modernista do noso cole, contando coa axuda moi especial dun artista invitado (o avó dun dos nosos alumnos!).
-
Obradoiros de pequenos artistas: Faremos cadros usando a técnica do collage con infinidade de materiais e deseñaremos as nosas propias chapas personalizadas (co voso propio deseño ou co logo do cole).
-
Gran final: Despediremos a tarde por todo o alto cunha sesión de maquillaxe e un baile final conxunto. (Pista: se vos apetece, podedes vir con algún detalle de vestimenta bohemia ou de artista para metervos de cheo no papel!).
Para os máis maiores: Innovación e descubrimento As aulas de Primaria e Secundaria converteranse en espazos de demostración onde poderedes participar en:
-
Innovación e Tecnoloxía: Demostracións de Robótica e Realidade Aumentada, proxectos con Polos Creativos e feiras de Física e Tecnoloxía.
-
Comunicación e Pensamento: Entrevistas en directo na nosa Radio Escolar e debates no noso Café Filosófico.
-
Aprender facendo: Estacións de aprendizaxe, uso de ferramentas interactivas como Plickers, e espectaculares proxectos de gran formato no laboratorio (con poleas e pancas!).
O noso alumnado, o verdadeiro protagonista
Ninguén coñece o colexio mellor ca eles. Por iso, o alumnado de Secundaria e Bacharelato será o encargado de guiarvos durante a tarde, apoiando nos obradoiros, dinamizando as actividades e xestionando o servizo de gardaría gratuíto (equipado con xogos para que os máis pequenos estean entretidos mentres as familias visitan outras instalacións).
Sodes unha familia nova e queredes coñecernos?
Sodes máis ca benvidos! O noso Equipo Directivo recibirávos persoalmente para facer un percorrido especial. Ademais de desfrutar dos obradoiros, teredes un espazo dedicado para coñecer a fondo as nosas etapas educativas (ata Bacharelato), o noso estilo pedagóxico, e realizar un tour completo polas instalacións. Poderedes resolver todas as vosas dúbidas nun ambiente próximo e distendido.
📅 Datos prácticos da Xornada
-
Data: Venres, 27 de febreiro de 2026.
-
Horario: De 16:30 h a 18:30 h (Apertura de portas ás 16:20 h para acomodarnos).
-
Accesos importantes:
-
Familias de Infantil que xa sodes do centro: A entrada realizarase pola porta de Infantil na rúa Taboada Leal.
-
Familias novas (ou asistentes que cheguen un pouco máis tarde): A entrada será pola rúa Venezuela.
-
-
Asistencia: A entrada é libre. Podedes vir cos vosos fillos e fillas e, por suposto, convidar a amigos ou familiares que estean buscando colexio e queiran coñecernos! (As familias do centro que queirades asistir ou colaborar como voluntarias, lembrade avisar previamente á vosa titora para axudarnos coa organización).
Agardámosvos para compartir unha tarde inesquecible, chea de arte, ciencia e moita aprendizaxe!