Benvida e información de inicio de curso 2026-2027 (Educación Infantil e Primaria)
Benqueridas familias:
Despois do descanso do verán, dende o noso colexio retomamos a actividade escolar cunha enorme ilusión e co entusiasmo de seguir aprendendo e medrando xuntos. Todo o persoal do centro dámosvos a benvida a este novo curso escolar, no que desexamos compartir experiencias, esforzos e éxitos coas vosas fillas e fillos.
A continuación, detallamos os aspectos organizativos máis importantes para este comezo de curso nas etapas de 5º e 6º de Educación Infantil e de 1º a 6º de Educación Primaria:
1. Reunións de familias
Para preparar e coidar o inicio de curso, organizaremos os seguintes primeiros encontros:
5º e 6º de Infantil e 1º de Primaria: O día 8 de setembro, ás 17:30 h, no Cine Salesianos (rúa Venezuela). Tras este momento conxunto, cada grupo irá á súa respectiva aula coas titoras.
2º a 6º de Primaria: O día 15 de setembro, ás 17:00 h, no Cine Salesianos e, despois, pasará ás aulas cos titores.
Para poder desenvolver estas xuntanzas con calma e abordar as orientacións precisas, agradecemos que, na medida do posible, o alumnado non asista á reunión.
2. Comezo do curso e accesos
As clases comezarán o vindeiro mércores, 9 de setembro, ás 9:00 h (as portas do centro abriranse ás 8:50 h). Os lugares de acceso e saída organizaranse do seguinte xeito:
5º e 6º de Infantil: O acceso será pola rúa Taboada Leal.
1º de Primaria: O acceso será pola porta da rúa Venezuela.
2º a 6º de Primaria: O acceso xeral será polo patio. Non obstante, os cursos de 2º e 3º accederán polo patio só o primeiro día; o resto do curso entrarán pola rúa Venezuela.
Saídas de Primaria: As saídas habituais realizaranse pola porta da rúa Venezuela para 1º, 2º e 3º, e polo patio para 4º, 5º e 6º.
3. Horarios
Horario de setembro e xuño:
Mañás: de 8:50 a 14:00 h (as clases comezan ás 9:00 h).
Saídas graduadas en Infantil: 6º EI sairá ás 13:50 h e 5º EI ás 13:55 h. (As saídas en Primaria serán por orde de cursos).
Horario de outubro a maio:
Mañás (de luns a xoves): de 8:50 a 12:30 h.
Tardes (de luns a xoves): de 14:40 a 16:30 h (as clases comezan ás 14:50 h). As saídas en Infantil serán ás 16:20 h para 6º EI e ás 16:25 h para 5º EI.
Venres: de 8:50 a 14:00 h. As saídas en Infantil serán ás 13:50 h para 6º EI e ás 13:55 h para 5º EI.
4. Puntualidade e consellos de adaptación
Lembramos a importancia da puntualidade para favorecer a concentración e evitar interrupcións. Se por algunha razón se chega tarde, o alumnado deberá esperar con paciencia ata que un responsable do centro poida acompañalo á aula. Para os primeiros días dos nenos e nenas máis pequenos, recomendámosvos preparalos con tempo, falarlles positivamente do colexio e preparar xuntos o material. No momento de deixalos na aula, é importante evitar quedar á porta; canto antes entren na clase, máis rápido se integrarán nos xogos e se tranquilizarán.
5. Secretaría e Administración
A atención presencial é de 9:00 a 13:00 h. Tamén vos atendemos por vía telemática nos enderezos electrónicos: secretaria@salesianosvigo.es e administracion@salesianosvigo.es
Recibide un afectuoso saúdo,
Equipo Docente de Educación Infantil e Primaria

