OFERTA A TEMPO COMPLETO
Actividades Extraescolares
A oferta do noso colexio vai máis aló do tempo lectivo e propón actividades e grupos que atendan a tódolos tempos do alumnado dende un mesmo proxecto educativo, de forma complementaria e coordinada, na procura da Educación Integral. O noso cole nunca pecha, e en especial o patio, aberto de luns a domingo.
- DURACIÓN e HORARIOS: Comezan o primeiro día lectivo de outubro e rematan o último día lectivo de maio. Ofértanse actividades de luns a xoves de 12:30 a 13:30 e de 16:30 en diante.
- ALTAS e BAIXAS: Calquera alta ou baixa durante o curso deberá facerse por escrito, cubrindo o correspondente impreso que se solicitará en Abertal, procurando que sexa ao final de cada trimestre.
- CRITERIOS DE ADMISIÓN: Nas actividades con límite de alumnado, as prazas cubriranse priorizando ao alumnado que xa estaba participando o curso anterior.
- PROCESO DE MATRÍCULA: En xuño faise a preinscrición de cara ao curso seguinte. Tendo en conta a demanda en setembro péchanse os grupos.
Podes descargar o folleto do curso 24-25 e a ficha de inscrición enviarase as familias ao remate do curso para facer unha estimación e haberá outra inscrición ao comezo do curso. A xestión diaria das actividades extraescolares faise a través do Centro Xuvenil Abertal.
Actividades e horarios
Nesta actividade trabállase a expresión corporal, danza, elasticidade… E facemos coreografías que axudan a desenvolver o oído musical, a psicomotricidade e a memoria corporal.
- GRUPO 1: Infantil e 1o- 2o de Primaria
Martes e xoves, de 12:30 a 13:30 h. - GRUPO 2: Primaria e Secundaria
Martes, de 16:30 a 18:00 h.
Actividade deportiva moi completa, tanto física como cognitivamente.
GRUPO 1: Primaria
Luns e mércores, de 16:30 a 17:30 h.
Aprenden, de maneira divertida, coa finalidade de descubrir a creatividade que levan dentro con técnicas artísticas.
- GRUPO 1: de 1o a 3o de Primaria
Luns e mércores, de 12:30 a 13:30 h. - GRUPO 2: de 4o a 6o de Primaria
Martes e xoves, de 12:30 a 13:30 h.
Os nenos e nenas iniciaranse na práctica e execución deste instrumento musical de maneira lúdica.
GRUPO 1: Primaria e Secundaria
Xoves, de 16:30 a 18:00 h.
Proposta para mergullarse en varios deportes, como baloncesto, tenis, fútbol, hockey, atletismo, balonmán, etc. Ademais trabállase o equilibrio, o movemento e a flexibilidade.
- GRUPO 1: Infantil e 1o- 2o de Primaria
Luns e mércores, de 12:30 a 13:30 h. - GRUPO 2: Infantil e 1o- 2o de Primaria
Martes e xoves, de 16:30 a 17:30 h.
Obradoiros de interpretación por idades, baseados no desenvolvemento de xogos e exercicios que estimulan a aprendizaxe de técnicas de comunicación e expresión.
O obxectivo final é a creación e posta en escea de montaxes teatrais.
- GRUPO 1: Primaria
Luns, de 16:30 a 18:00 h.
Trabállanse as regras e fundamentos desta disciplina dun xeito divertido.
- GRUPO 1: Infantil e Primaria
Luns e mércores, de 12:30 a 13:30 h.
Neste deporte desenvolven as cualidades físicas e de coordinación, a autodisciplina, a concentración e habilidades de autodefensa.
- GRUPO 1: 5o e 6o de Infantil e de 1ºa 3ºde Primaria Martes e xoves, de 12:30 a 13:30 h.
- GRUPO 2: de 4º a 6º de Primaria e secundaria Martes e xoves, de 16:30 a 17:30 h.
Xogos, obradoiros, dinámicas, contos, cancións, … en inglés, para xogar e divertirse.
- GRUPO 1: Infantil Luns e mércores, de 16:30 a 17:30 h.
Actividades variadas como xogos, obradoiros, experimentos, dinámicas cooperativas, etc.
Para favorecer máis a conciliación, ofrecemos esta actividade os catro días da semana, podendo elixir calquera opción.
GRUPO 1: Infantil e 1º- 2º de Primaria de luns a xoves, de 16:30 a 18:00 h. (*) días a escoller
Combinación de elementos musicais (danzas populares, cosntrución de instrumentos, manipulación de instrumentos clásicos, desenvolvemento da sensibilidade musical) con introdución ao xogo dramático, moi ligado á música e á expresión corporal.
- GRUPO 1: Infantil e 1º- 2º de Primaria
Martes e xoves, de 16:30 a 17:30 h.
Danza e expresión corporal sobre patíns.
- GRUPO 1: Infantil e Primaria
Luns e mércores, de 12:30 a 13:30 h. - GRUPO 2: Infantil, Primaria e Secundaria
Mércores, de 16:30 a 18:00 h.
(*) Esta actividade precisa de vestiario específico
e patíns propios.
Aprendizaxe e manexo de dispositivos, entorno Google, aplicacións, iniciación á robótica, coñecemento e manipulación dos compoñentes internos de equipos informáticos, etc.
- GRUPO 1: de 3º a 6º de Primaria
Luns e mércores, de 16:30 a 17:30 h.
Arte marcial que mellora a coordinación, plasticidade e equilibrio mediante a práctica de diferentes técnicas e movementos defensivos.
- GRUPO 1: Infantil e Primaria
Luns e mércores, de 16:30 a 17:30 h.
Clube deportivo
Sección futbol sala
Organízanse diferentes equipos, cun máximo de 12 xogadores/as por equipo.
- MINIS MIXTO (Escola Deportiva): os luns e mércores de 17:30 – 19:00
- PREBENXAMÍN MIXTO: os martes exoves de 17:30 – 19:00
- BENXAMÍN MIXTO: os luns e mércores de 17:30 – 19:00
- ALEVÍN MIXTO: os martes e xoves de 17:30 – 19:00
Sección baloncesto
Ofértanse equipos de Infantil a Senior, tanto Masculinos como Femeninos. Os horarios de adestramento decídende cada ano, seno os horarios nas franxas de 12:30 a 13:30 ou a partir das17:30h.
O clube colabora tamén co colexio Don Bosco, Salesianas de Coia.
Escola de Idiomas
A oferta de actividades de Inglés faise en colaboración con SYNERGY DIDACTIC. Ofértanse grupos de escola de inglés en diferentes formatos e horarios:
- Basic: Inglés. Grupos de Infantil, Primaria e ESO. 1 sesión/semana. 17:40-19:00
- PLUS: Inglés, Francés, Alemán e Italiano. Grupos de Infantil, Primaria e ESO. 2 sesións/semana. 12:40-13:30
- EXAM: Inglés. Grupos de ESO e Bacharelato. Orientados a preparar o exame CAMBRIDGE. 1 sesión/semana. 16:30-18:20,