Viaxe a Turín da profesora Vicky
Entre o 27 de febreiro e o 5 de marzo, un grupo de 33 compañeiros e compañeiras, pertencente á comunidade educativa de diferentes colexios e ambientes da Inspectoría Santiago o Maior, entre eles a nosa profe de Primaria Vicky Vigo, desenvolveron en Turín unhas xornadas de espiritualidade salesiana visitando os lugares emblemáticos nos que transcorreu a vida de San Juan Bosco e de Domingo Sabio.
Empezaron en Becchi onde se conserva a casiña de Juanito Bosco. Visitaron os pobos nos que se desenvolveu a súa vida: Morialdo, a granxa Moglia, Castelnuovo, Chieri, Mondonio…, e, por suposto, Valdocco onde puideron visitar as estancias e as habitacións do primeiro oratorio fundado por D. Bosco e a Basílica de María Auxiliadora.
Houbo tamén oportunidade para o recollemento e a oración. Non faltaron manifestacións de gran emotividade ao revivir in situ os momentos máis importantes da vida do noso Fundador.