Este ano, nas vindeiras festas de María Auxiliadora en maio, retomamos o concurso de Got Talent ao estilo do que se fixo o curso previo á pandemia.
A idea é facer un concurso no que poida participar todo o alumnado que queira, individualmente, por parellas ou en grupos. Poderán preparar diferentes tipos de actuacións: cancións, bailes, maxia, malabares, calquera tipo de habilidade como toques co balón, pinchacarneiros…
O prazo para anotarse rematará o 19 de abril, cousa que farán na aula cos seus titores.
Empezamos coas propostas, fixádevos en 3º de Primaria que ilusión e que nivel!!! 😄🥳