3º da ESO - Cine en versión mini. Técnica do STOPMOTION

Un curso máis, o alumnado de 3º da ESO volveu amosar todo o seu potencial creativo no proxecto de EPVA sobre a técnica do stop motion.

A rapazada deste curso 2024-2025 elevou a categoría artística destes traballos, non só cumprindo cos criterios da rúbrica, senón tamén enchendo de intensidade as historias narradas, coidando ao detalle a montaxe e prestando especial atención aos aspectos técnicos, materiais e escenográficos.

Este ano viaxamos por historias infantís, comedias, thrillers, traxedias, acontecementos deportivos e mesmo por un clásico do cine: o western.

Grazas a todos e todas por implicarvos con tantas ganas nesta tarefa e por levar ao máximo o uso desta técnica. Traballamos arreo, pero tamén o pasamos en grande.

Agardamos que o público o desfrute tanto como nós!