Bautismo de mar en 5º de Primaria

Pouco a pouco voltamos á normalidade e o pasado venres 6 de maio o alumnado de 5º de Primaria disfrutou do seu Bautismo de mar na Ría de Vigo. Foi unha xornada de iniciación á vela, onde se familiarizaron coas partes do barco, os tipos de cabos, os rumbos… e unha chea de cousas máis. Ademáis foi un día de deporte, diversión, convivencia e compañeirismo nun entorno natural incomparable. Sen dúbida un día inesquecible!

Deixámosvos uns vídeos que o demostran 😃⛵