Bo camiño… Salesianos!

Ao longo do terceiro trimestre, co gallo do Ano Santo, en Infantil realizamos un proxecto sobre o Camiño de Santiago.

Comezamos a nosa experiencia coñecendo durante a Semana do Libro “Os contos do Camiño”, que nos motivaron a investigar sobre diferentes aspectos do Camiño.

Eliximos o Camiño Portugués Interior, e fomos parando nalgunhas das localidades máis destacadas. Cada clase converteuse nunha delas. Encantounos ir facendo as etapas e descubrindo monumentos, curiosidades, gastronomía… Incluída unha visita guiada pola
Catedral de Santiago sen saír do cole!

E, por fin… chegamos a Santiago! Rematamos este proxecto cunha saída de toda a etapa, vestidos e vestidas como peregrinxs antigos grazas á colaboración das familias no obradoiro
de confección de capas.

Foi unha experiencia marabillosa, o curso que vén… REPETIMOS!!!