Hoxe 21 de marzo celebramos o Día Mundial da Poesía

Hoxe é un día moi especial para nós: o 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Aínda que a nosa intención de partida era culminar o proxecto nunha xornada tan significativa como esta, decidimos prorrogalo para seguir co noso labor de adopción e difusión de poemas.

Queremos regalarvos hoxe uns versos de Juan Antonio González Iglesias que suxiren de forma marabillosa de que falamos cando falamos de poesía… Non se nos ocorre mellor maneira de celebrar esta efeméride:

Me gusta que Epicuro se preocupe
por la forma redonda del granizo.

Que Francisco de Asís diga que el agua es casta
y el fuego, robusto.

Que en una breve carta a uno de sus amigos
Marguerite Yourcenar escriba «Gracias.
Gracias por el honor de compararme
con un árbol».

No sé por qué, estas cosas
curan mi corazón.

Deixámosvos algúns poemas, pero na nosa canle de YouTube tedes moitos máis.

Para máis información: adoptapoemas.salesianosvigo.es xunto coa canle de Instagram deste proxecto.