Dous novos episodios do programa "Enamorarte"

Un ano máis o alumnado de Historia da arte involúcrase na elaboración de programas de radio. Este ano, tras a visita ao Prado, decantáronse por Goya. E despois de dedicar varias sesións á elaboración, presentación e revisión dos guións, levaron a cabo a parte que máis lles gustou: gravar os programas na biblioteca. Xa están dispoñibles na nosa web, listos para namorarvos…