A pasada fin de semana celebrouse no pabellón de Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa o Memorial Miguel Ángel González Estévez. Unha competición na que participaron unha trintena de equipos das categorías infantil e cadete. O noso equipo infantil feminino saíu campión da súa categoría, e o infantil masculino acadou o 4º lugar. Mención especial para Paula Ramos, nomeada mellor xogadora do torneo.
Parabéns a todos e todas. A seguir competindo.