Graduación de 2º de Bacharelato

O pasado martes 16 de maio celebramos a Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato do cuso 22-23. Tanto aqueles que levan no cole dende Infantil, como o alumnado que foi entrando en etapas posteriores, agardan este momento con moita emoción.

Compartimos coas familias e con toda a Comunidade Educativa, lembranzas fotográficas, anécdotas de clase, risas, desexos de futuro, actuacións musicais…

Se non puidestes asistir ou queredes revivila, deixámosvos a gala completa na nosa canle de Youtube e algunhas fotos do aperitivo posterior.

Os nosos mellores desexos para todo o alumnado.