INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O día 23 de outubro animámosvos a participar na actividade extraordinaria de inauguración da biblioteca escolar que organizaremos en horario de 16.30 a 17.30. Este ano a proposta consistirá en SOÑAR XOGANDO. Faremos unha xincana de xogos de mesa para todas as idades. Unha oportunidade para coñecer diferentes xogos de mesa que nos ofrece a biblioteca escolar e pasar un momento divertido e diferente.

Tamén informarvos de que xa están en marcha as diferentes actividades da programación da biblioteca escolar para este curso: bibliotecas de aula, recreos activos na biblioteca, clubs de lectura…

Neste contexto, dicirvos que a partires deste luns, a biblioteca estará aberta os luns de 16.30 a 17.30 horas. Neste horario, poderemos ir á biblioteca a: facer uso de servizo de empréstito, ler ou estudar, buscar información, facer traballos individuais e grupais, xogos de mesa… (lembrade que o alumnado de Infantil e até 2º de EP deberán estar acompañados por unha persoa adulta).

Cartel inauguración biblioteca escolar 23-24