13 de novembro de 2023

Club de lectura en Lingua Castelá a partir de 3º da ESO.

A nosa primeira lectura no club en castelán será a suxestiva adaptación ao
cómic do Diario de Ana Frank, realizada por Ari Folman e David Polonski. As
sesións de librofórum terán lugar o martes 28 e o xoves do 30 de novembro
durante o recreo. Aínda dispoñemos de catro exemplares do libro, por se algún
máis vos animades a sumarvos a esta iniciativa. Aproveitamos para
recomendarvos a estupenda serie Unha pequena luz. Protexendo a Ana Frank,
centrada en Miep Gies, unha muller holandesa que arriscou a súa vida para
protexer á familia Ana.