Saída ao Fiestinema (cine en francés)

Como todos os anos, o pasado xoves día 9 participamos no Fiestinema Junior, festival de cine francés organizado pola Alliance Française de Vigo, no auditorio do Concello.
 
Este ano o filme visionado en V.O.S.E. para a ESO foi «Seuls», do director David Moreau. O alumnado de 4ºESO con optativa de francés acudíu á proxección na que tamén estaban presentes outros centros da zona.
 
A oportunidade de ver cine francés en versión orixinal é sempre unha boa idea para mellorar as nosas competencias lingüísticas e culturais.
 
Tedes máis información na noticia do Faro de Vigo e na publicación do Instagram da conta da Alliance Française de Vigo.