28 de novembro de 2023

Xornada de bibliotecas escolares de Galicia

O pasado sábado 18 de novembro celebrouse a Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2023, na que participou o noso centro. Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso «Unha biblioteca escolar en viñetas».

Falouse do poder da banda deseñada como soporte para diferentes relatos, da ilustración como linguaxe poderosa… e do papel facilitador da biblioteca a través das novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do voluntariado, do fomento da lectura e da participación das familias…