28 de novembro de 2023

Sustocontos na Biblioteca

O luns 20 de novembro, ás 16:30, o equipo de colaboradores da bibioteca regalounos unha orixinal sesión de contacontos. Aproveitando as recentes e terroríficas celebracións de Samaín, seleccionaron relatos protagonizados por monstros e criaturas fantásticas que, en lugar de asustar, promoven valores e convidan á convivencia. Pasamos unha tarde de medo, sen dúbida.